DEVagar Programador web

Programación de páxinas web, tendas en liña, aplicacións web, reparación e mantementos de equipos informáticos, recuperación de datos e moito máis.

En Silleda, Galicia. Pero fago proxectos para calquera lugar

Principais servizos

Páxinas Web

Programo páxinas web usando distintas tecnoloxías.

Web nativa, usando HTML, CSS, JavaScript... Ideais para espremer ao máximo a súa velocidade e personalización.

Web con Wordpress, que facilitará a creación de contido ao cliente.

Framework web, como Astro ou Angular, para necesidades específicas.

Tamén edito ou actualizo páxinas web xa existentes.

Páxinas Web

Tendas en liña

Creo tendas en liña para vender calquera tipo de produto ou servizo.

Usando Woocommerce, o cal fai sinxelo a xestión da tenda online por parte do usuario.

Con Prestashop, un dos CMS para e-commerces máis populares, ideal para comercios cun gran catálogo de produtos.

Programación a medida, que permitirá crear a túa tenda exactamente como che gustaría.

Tendas en liña

App híbridas

Programo aplicacións híbridas, apps para dispositivos móbiles creadas con tecnoloxías web.

Algunha das súas vantaxes son o seu menor custo, maior escalabilidade, actualizacións e correccións máis sinxelas e rápidas ou un deseño máis personalizable ca o de unha nativa.

App híbridas

Equipos informáticos

Reparo e manteño ordenadores de sobremesa ou portátiles.

Substitución ou ampliación de elementos do hardware, discos duros, memoria ram...

Instalación de sistemas operativos e software.

Limpeza de virus, optimización do sistema...

Recuperación de datos perdidos en discos duros, tarxetas SD, memorias USB...

E calquera outra cousa que precises.

Equipos informáticos
contacto

contacto

Podes contactar a través do seguinte formulario... Ou, se o prefires: