DEVagar

Programador web

Son un informático en Silleda con ampla experiencia en creación de sitios web, reparacións e solucións informáticas feitas á medida. Ofrezo servizos tanto a particulares como a a empresas de Silleda e de toda Galicia, adaptándose ás necesidades de cada cliente.

Se precisas unha páxina web profesional, xa sexa para o teu negocio, tenda en liña ou proxecto persoal, podo axudarche a crear un sitio web rápido, seguro e optimizado para motores de busca. Tamén fago mantemento e reparación de equipos informáticos, recuperación datos e moito máis.

Servizos principais

Páxinas web

Páxinas web en Silleda, Galicia

Precisas dun sitio web profesional? deseño páxinas web modernas, rápidas e adaptadas a dispositivos móbiles. Sexan para un negocio local, unha empresa ou un proxecto persoal, creo páxinas optimizadas para motores de busca e cunha experiencia atractiva. Tamén melloro ou reparo sitios web existentes.

  • Deseño responsive
  • Optimización SEO
  • Webs informativas e corporativas
  • Deseño personalizado

Tendas en liña (eCommerce)

Tiendas online en silleda, galicia

Vende os teus produtos ou servizos online cunha tenda profesional en liña. Axúdoche a lanzar o teu comercio electrónico con todo o que necesitas: deseño atractivo, pasarelas de pagamento, xestión de produtos e seguridade. Traballo con plataformas como WooCommerce, PrestaShop ou tendas personalizadas segundo as túas necesidades.

  • Tendas en liña compretas
  • Pasarelas de pagamento seguras
  • Xestión de produtos e stock
  • Deseño personalizado
  • Soporte e mantemento

Aplicacións web

webapp en Silleda, Galicia

Desenvolvo aplicacións web a medida para automatizar procesos, mellorar a produtividade ou crear plataformas dixitais adaptadas ao teu negocio. Se precisas algo máis avanzado que unha web tradicional, unha webapp é a solución ideal. Traballo con tecnoloxías modernas para garantir o rendemento, seguridade e escalabilidade.

  • Aplicacións web a medida
  • Paneis de administración e xestión
  • Sistemas de reservas, pedidos, citas, etc.
  • Adaptado as tuas necesidades e presuposto

Servizos informáticos

Servicios informáticos en Silleda, Galicia

Como informático, tamén ofrezo soporte técnico, reparación de ordenadores e mantemento para equipos informáticos. Atendo tanto a particulares como a empresas.

  • Reparación de ordenadores (hardware y software)
  • Eliminación de virus e malware
  • Instalación e configuración de sistemas operativos
  • Optimización de rendemento

Contacto

Se tes unha idea, un problema ou simplemente queres mellorar o teu sitio web ou equipo, escríbeme sen compromiso. Estou en Silleda, pero traballo con xente de toda Galicia. Encantado de axudarche!